DO 10 AO 12 DE OUTUBRO DO 2025
ENCANTOS EN COMPOSTELA
FESTIVAL DE MAXIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA E NA SÚA CONTORNA
Máis de 15 ACTUACIÓNS PARA ENCHER COMPOSTELA DE ILUSIÓN
A maxia regresa a Santiago de Compostela do 10 ao 12 de outubro do 2025. Durante tres xornadas, a cidade converterase nun gran escenario que achegará a ilusión tanto ao centro urbano como a gran parte da bisbarra compostelá. Nesta segunda edición, o festival, da o salto internacional traendo a prestixiosos magos nacionais e estranxeiros sen deixar de apostar polo talento local. Grazas á financiación do Concello, Encantos en Compostela consolídase como unha cita imprescindible no calendario cultural, mantendo a súa vontade de crear un festival descentralizado co que colaborar coas entidades locais.
Neste festival hai maxia para todos e todas. A programación inclúe propostas pensadas para o público infantil, con espectáculos moi participativos cheos de humor e sorpresas, pero tamén actividades dirixidas a persoas adultas, que poderán sorprenderse con espectáculos de maxia de preto que van máis alá do imaxinable. Ademais a maxia solidaria volve ser un dos piares fundamentais, sendo este un encontro no que cada xeración atopará a súa maneira de vivir a maxia.
Non perdas a oportunidade! Merca xa as túas entradas na nosa páxina web. Ademais, hai unha chea de actividades gratuítas para que toda a familia poida gozar sen límites.